Podcast
Que é un podcast?
Segundo a Galipedia, "é un xeito de publicar ficheiros multimedia, habitualmente de son (en formato MP3 ou ogg), utilizando RSS para facilitar a subscrición. Os ficheiros quedan almacenados nun servidor de Internet, e os subscritores baixan os ficheiros automaticamente mediante un software de subscrición. Esta tecnoloxía asóciase á idea de radio baixo demanda, xa que permite aos ouvintes escoitar os programas de radio cando o desexen. Para alén da subscrición mediante feed RSS, os podcasts adoitan ter unha web, e un reprodutor de son online para facilitar a escoita".
E, podcast en galego?
Hai un mar deles. Para mostra, podgalego.agora.gal
En resumo, é como facer un programa de radio pero para colgar na rede e non para a difusión en directo.
Facer radio (do curso de AGARESO, "A radio solidaria na escola")
Escribir o guión dun programa de radio.