Recursos
Unha historia de vida é un relato (auto)biográfico dunha persoa ou grupo de persoas que nos axudan a entender un tempo, un espazo, unha realidade social... Calquera persoa pode ser protagonista dunha historia de vida, xa que todas temos experiencias que contar. Como persoas somos únicos e irrepetibles.
Que sabes de teus avós? Que coñeces da súa vida? E dos avós dos teus avós?
Se falamos de memoria e de entender quen somos, as avoas e os avós teñen un papel moi importante na historia de case todas as persoas. Avoas e avós "de sangue" ou avoas e avós "de afectos". Seguro que poden contarche historias moi interesantes que che axudarán a entender o que te rodea. Non perdas oportunidade!
Nesta infografía encontrarás algúns consellos.
Nas seguintes ligazóns podes ver exemplos:
Dous exemplos de "Mecas" elaborado polo IES As Bizocas do Grove.
Mulleres galegas. Documentais e historias de vida recopilados por Maos
Historias de vida recollidas polo alumnado do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas.
Máis historias de vida recollidas na web dos "jubiletas" De vella a bella
Documental Avoas de de Andrea de la Iglesia Piñeiro.
Queres coñecer máis vidas de avoas ou ver máis traballos sobre o tema?
Na biblio encontrarás as seguintes bandas deseñadas:
Regreso al Edén, Paco Roca (2020)
Estamos todas bien, Ana Penyas (2017)
El ala rota Kim e Antonio Altarriba (2010)
A seguir, algúns documentais e traballos sobre os saberes das avoas, mais se queres ver traballos deste tipo, o mellor e visitar a páxina de Maos onde fai unha gran selección de audiovisual galego sobre memoria de mulleres.